Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae a rede interna de comunicacións da Axencia Nacional de Seguridade de Estados Unidos

Cae a rede interna de comunicacións da Axencia Nacional de Seguridade de Estados Unidos

Segundo informou CNN, no existen ata o momento evidencias de que se trate dun ciberataque

Eric Lee/Reuters Eric Lee/Reuters
G24.gal 17/11/2026 18:11

A rede de comunicacións interna da Axencia Nacional de Seguridade (NSA), a cal contén información altamente clasificada, sufriu unha caída, segundo informou o medio CNN. Polo momento, dacordo coas seis fontes consultadas por CNN, non existen evidencias dun ciberataque contra a rede "NSA Net", a cal permite aos empregados intercambiar información de caracter sensible.

Este incidente prodúcese despois de varios problemas ocorridos fai tan só uns días. Por un lado, o pasado venres, detectouse un erro no sistema aéreo de Estados Unidos que provocou a cancelación duns 12.462 voos, aínda que non todos estiveron estreitamente relacioados coa suspensión nacional, segundo a Administración Federal de Aviación (FAA). A Administración do presidente Donald Trump atribuíu o problema a unha inestabilidade nos seus sistemas de comunicacións e radares. 

Por outro lado, varios usuarios denunciaron este luns problemas para poder acceder aos servizos dalgúns dos principais bancos do país.

Ademais, a aeroliña estadounidense United Airlines informou dun problema tecnolóxico que provocou complicacións nos voos con saídas programadas a nivel nacional. Esta situación foi definida pola aeroliña como unha "interrupción xeralizada dos seus sistemas".

A Axencia Federal para o Manexo de Emerxencias de Estados Unidos (FEMA) ten previsto realizar este martes unha proba nacional para evaluar os procedementos de alertas oficiais de emerxencia. Simulacros coma este non se realizaban dende o ano 2023, aínda que este tipo de simulacros soen ser habituais.

Esta proba, que non contará coa alerta por teléfono móbil, comezará ás 14:20 do este e consistirá en transmitir unha mensaxe de proba por radio e televisión para verificar que os medios reciben e retransmiten correctamente as alertas oficiais.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade