Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Lugo instalará cámaras en varias rúas da Milagrosa

O Concello de Lugo instalará cámaras en varias rúas da Milagrosa

O barrio concentra os locais máis conflitivos da cidade, que nos últimos anos acumularon queixas veciñais por ruídos ou pelexas

A rúa Tui contará con cámaras de videovixilancia
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 25/09/2026 13:44

Tras anos de altercados xunto aos negocios nocturnos máis conflitivos de Lugo, o Concello adoptou unha nova estratexia. Como medida disuasoria, instalará cámaras de videovixilancia na vía pública, tanto na rúa Tui, onde se concentra o maior número de altercados, como na rúa peonil Luis Seoane, ambas as dúas no barrio da Milagrosa.

Ambos locais levan anos xerando queixas veciñais, principalmente debido ás molestias ocasionadas pola clientela, tanto por ruído como por pelexas. De feito, o da rúa Tui mesmo chegou a estar clausurado durante un ano por infracción das normas. Tamén foi sancionado o de Luis Seoane, coas sancións correspondentes. 

Coincidindo co inicio do San Froilán, as cámaras comenzarán a instalarse a partir da semana vindeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade