Meis recada fondos para as enfermidades raras na compaña do Xabarín
Os participantes lembraron cunha andaina a importancia de visibilizar este tipo de doenzas
Os máis pequenos gozaron coa visita sorpresa dun gran coñecido desta casa
E no concello de Meis, en Pontevedra, lembraron cunha andaina a importancia de visibilizar as enfermidades raras. Os máis pequenos gozaron dunha visita moi especial dun gran coñecido desta casa.
Por cuarto ano consecutivo, unhas 1.500 persoas reuníronse neste evento solidario. Movidos polo recordo do pequeno Leo, que falecía a causa dunha enfermidade rara, a xuntanza leva varias edicións buscando xuntar fondos en apoio a este tipo de patoloxías.
Con ganas e moita emoción, persoas de todas as idades poñíanse en marcha ás nove da mañá para lembrar que esta causa aínda precisa moita visibilidade. A xornada estendeuse tamén ao mediodía para desfrutar do conseguido.
Ademias participaron algúns rostros coñecidos, como o actor Carlos Blanco. Os beneficios irán destinados a diferentes organizacións e asociacións que buscan máis investigación para as enfermidades raras.
A chegar o mediodía, os máis pequenos foron sorprendidos cunha visita moi especial. O Xabarín achegouse a Meis moi contento polo agarimo e lembroulles aos máis pequenos a posibilidade de seguir divertíndose con el na plataforma Xabarín.gal.