Un pai e un fillo con queimaduras tras prenderlle lume na cociña da vivenda
O pai e o fillo teñen queimaduras nos brazos tras intentar apagar o lume
Protección Civil á súa chegada confirmaron que a familia conseguira apagar o lume, que so afectou á campana extractora
Imaxe de Protección Civil de Cedeira
Un incendio orixinado este sábado na cociña dunha vivenda de Cedeira (A Coruña) provocou queimaduras no brazo a un pai e un fillo, unha delas grave. Como consecuencia, foron atendidos no centro de saúde da vila.
Preto das 08.00 horas da mañá deste sábado, o 112 Galicia foi alertado sobre este lume da rúa Instituto, que provocou que ardese a campá extractora. Ata alí acudiron dous voluntarios de Protección Civil, que mobilizaron consigo unha motobomba.
Unha vez alí, comprobaron que os mesmo implicados lograran apagar o lume de forma case total polos seus propios medios. A continuación, avisaron ao GES de Ortigueira, que estaba de camiño, de que xa non era necesaria a súa presenza por este motivo.
No entanto, solicitaron ao 061 que mobilizase unha ambulancia, xa que ambos resultaron con queimaduras nos brazos, unha delas grave, segundo Protección Civil. Para rematar, os voluntarios desprazados finalizaron a extinción refrixerando últimos rescaldos.