Cargando resultados...
Controlado un incendio forestal no Porriño con 1,3 hectáreas afectadas
O lume afectou á zona de Pontellas e comezou minutos antes das tres da tarde
G24.gal
08/08/2026 17:24
Un incendio forestal queimou algo máis dunha hectárea no Porriño, Pontevedra, e quedou controlado ás 16.19 horas.
Segundo informa a Concellería de Medio Rural, afectou á zona de Pontellas e comezou minutos antes das tres da tarde.
Para sufocalo empregáronse, ata o momento 2 axentes, 6 brigadas, 6 motobombas, 1 helicóptero e 2 avións.
A superficie afectada rolda 1,3 hectáreas.