Veciños dun barrio de ourense alertan do risco de incendio pola maleza
A veciñanza di que levan anos sen limpar tanto un noiro como un terreo lindeiro
Os afectados son os veciños da rúa Poeta Manuel Antonio, especialmente un inmoble onde residen unhas 80 familias e que está rodeado de vexetación tanto na zona traseira como nun lateral.
A maleza invade o noiro que une este edificio coa estrada do Seminario. Din que leva anos sen limpar. A última vez foron eles mesmos, subliñan, os que tiveron que rozar as silveiras para evitar que acabaran entrando polas fiestras.
Ademais da presenza de roedores e outros bechos, esta situación preocúpalles pola risco de incendio. Temen que se hai un lume acabe afectando as súas vivendas.
Xa presentaron varias reclamacións, afirman, pero todo segue igual. Atribúen a discrepancias sobre a titularidade dos terreos ou ao descoñecemento o feito de que a zona siga sen limpar.