Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Ribadeo merca cepos para obrigar os turistas estranxeiros a pagar as multas

O Concello de Ribadeo merca cepos para obrigar os turistas estranxeiros a pagar as multas

O consistorio acorda tomar medidas de presión canso de non cobrar as sancións por mal estacionamento dos vehículos de turistas estranxeiros

G24.gal 23/09/2026 14:05

Galicia recibe milleiros de turistas estranxeiros cada ano, e sempre hai quen comete algunha infracción.

Para os concellos, cobrar as sancións é un proceso longo e un quebradeiro de cabeza. 

"Se hai un carga e descarga e vén un coche estranxeiro e aparca e ti tes que dar voltas e ao mellor aparcar mal e que te sancionen a ti", comenta un veciño de Ribadeo.

Os que contan con guindastre municipal teñen o recurso de retirar os vehículos mal estacionados, o que obriga o propietario a pagar a multa para recuperalo.

A cousa cambia para os que non teñen guindastre. Era o que pasaba en Ribadeo.

"Esas denuncias, se non estás alí no momento, é moi dificil cobralas", di o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.

Así que o Concello mercou dous cepos co obxectivo de inmobilizar os coches e forzar os turistas a pagar a sanción. Unha medida ben vista polos veciños de Ribadeo.

"Eu se cometo unha infracción teño que pagala. Un estranxeiro quita o papel do parabrisas e marcha". "En Ribadeo é dificil aparcar e quítanos as prazas de carga e descarga e os que estamos traballando temos que andar dando voltas", din dous veciños.

Os infractores teñen que aboar a sanción, pero non se cobra polo uso do cepo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade