Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mancomunidade de Ferrol reducirá a presión da auga pola noite pola seca

A Mancomunidade de Ferrol reducirá a presión da auga pola noite pola seca

Prohíbese regar xardíns, baldear rúas, encher piscinas, lavar vehículos, limpar con auga no exterior e  o funcionamento de fontes ornamentais

G24.gal 09/11/2026 22:07

 A Mancomunidade de Ferrol acordou un plan de medidas de aforro de auga, entre as que destaca reducir a presión da subministración polas noites, para facer fronte á situación de seca tras baixar este luns ata o 26,15 % da súa capacidade o encoro das Forcadas, que abastece boa parte da comarca.

O órgano supramunicipal abordou a problemática, que afecta aos 140.000 habitantes de Ferrol, Narón, Fene, Ares, Mugardos, Valdoviño e Neda, que se abastecen da presa.

Nun comunicado, confirmou que se creará un grupo de coordinación técnica no que estarán representados os concellos da zona para "coordinar actuacións e dar unha resposta conxunta á situación actual".

O plan aprobado este luns inclúe a "aplicación inmediata de restricións nos usos non prioritarios da auga", polo que quedarán "prohibidos a rega de xardíns, o baldeo de rúas, o enchido de piscinas, o funcionamento de fontes ornamentais, a limpeza de vehículos" e os "traballos de limpeza en espazos exteriores".

Ademais, regularase a presión da rede mediante control técnico, cunha previsión inicial de "reducir a presión nos domicilios e nas empresas entre as 22.00 e as 07.00 horas como medida para limitar o consumo de auga".

A Mancomunidade reclamou o apoio da Deputación da Coruña para sumarse á Xunta no proxecto de reparación da tubaxe das Pías, que abastece a zona sur da ría, e avogou por acometela "coa maior celeridade posible" e por poder retirar estas restricións cando se "asegure o cambio na situación do encoro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos