Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mancomunidade de Ferrol reúnese o luns para analizar as consecuencias da seca

A Mancomunidade de Ferrol reúnese o luns para analizar as consecuencias da seca

Catorce concellos están afectados pola declaración de alerta por seca decretada pola Xunta

G24.gal 08/11/2026 14:34

Pleno mes de novembro e continuamos falando de seca porque a alerta continúa activada en moitos concellos galegos. E é certo que chegou a chuvia, pero as administracións non saben aínda se será dabondo para reverter a situación. 14 municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal están en alerta por seca

O encoro das Forcadas, que abastece uns 140.000 habitantes, está actualmente ao 26% da súa capacidade. É menos da metade da auga que almacenaba hai un ano.

"É unha situación que había moitos anos que non se vía. Estamos na zona da ponte vella medieval e practicamente podemos ver o arranque do arco. Eu non me lembro de velo antes", explica Alberto González Fernández, alcalde de Valdoviño.

A preocupación non é nova. A falta de auga obrigou a adoptar medidas extraordinarias nalgúns municipios xa no verán. En Neda, o baixo caudal do río Belelle provocou problemas no subministro e o Concello tivo que recorrer a camións cisterna e repartir auga enbotellada entre a veciñanza. Desde entón, mantéñense algunhas prohibicións.

"Temos en todo momento prohibido os baldeos, os regos e outras medidas que mantemos desde a prealerta. Nós seguimos facendo un chamamento á poboación para un consumo responsable", sinala Ángel Alvariño, Saavedra, alcalde de Neda.

Cada día, a fuga detectada na canalización de As Pías provoca a perda duns mil metros cúbicos de auga. A reparación leva anos pendente polas discrepancias entre as administracións implicadas sobre como financiar as obras e estará de seguro sobre a mesa na reunión que manterán este luns os concellos da Mancomunidade para analizar as consecuencias da declaración de alerta por seca e decidir posibles medidas de aforro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos