Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Bruna trae unha semana de chuvia

A borrasca Bruna trae unha semana de chuvia

A AEMET anuncia máis de 200 litros por metro cadrado no oeste e sur do país

A chuvia axudará a paliar a seca que mantén 59 concellos en alerta e 64 en prealerta

G24.gal 07/11/2026 21:54 Última actualización 07/11/2026 22:33

Primeiro sábado do mes de novembro e vén cun cambio no tempo moi necesario. Chegan as chuvias que irán gañando forza a medida que avance a vindeira semana.

Chegou a fronte asociada á borrasca Bruna e trouxo as primeiras chuvias, xa a noite pasada e tamén esta tarde. De momento entraron pola costa atlántica e son febles, pero agárdase que pouco a pouco vaian paliando a seca que mantén 59 concellos das provincias da Coruña e Pontevedra en situación de alerta e outros 64 en prealerta.

"Xa gozamos moito do bo tempo e agora un pouco de chuvia vén estupendamente porque os encoros están moi secos"

"A auga é vida para todos, para a natureza, para nós e agardamos que algo caia e suavice a seca que padecemos"

As previsións indican que a partir do luns as chuvias, que chegarán co vento do sur, serán máis intensas e prolongaranse ata o remate da semana. A AEMET advirte de que no oeste e sur de Galicia poderían acumularse máis de 200 litros por metro cadrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade