O recendo dos magostos esténdese esta fin de semana por toda Galicia
Familias, amigos e veciños xúntanse ao redor do lume e as castañas
O recendo a castañas e o fume das fogueiras espállase por boa parte da provincia de Ourense.
"Amordicámolas todas pero sempre hai de deixar algunha que estoupe se non non é magosto. Hai que botarlle un pouquiño de sal", comenta un dos veciños que preapara as castañas.
Son as protagonistas dunha festa que naceu para honrar as colleitas e que se converteu nun motivo de encontro.
"Aproveitar este momento de asar castañas para estar quente, comendo un churrasco e unhas castañas e poder falar co teu veciño. Estar todos xuntos", engade Xavier Teixeira, presidente da Asociación Cultural Moureán.
No magosto da Valenzá, en Barbadás foron 175 as persoas que compartiron xantar e festa.
"É unha das tradicións que máis me gusta porque nos une a todos, os amigos, a familia"
"Hai que celebralo, se é todo o mes, aínda mellor, non hai problema"
A carón do Arnoia, en Baños de Molgas, os veciños levan máis de catro décadas celebrando este magosto. Os seus 84 anos Camilo é un dos veteranos. Desta volta daranlles de comer a máis de 300 persoas.
"Xente de Madrid que vén polos magostos, xente de Valencia. O que ten orixe na vila é raro que falte ao magosto", conta Xosé Pato, presidente da Asociación de veciños de Baños de Molgas.
Gozar das castañas, do viño novo, do ambiente e da compaña esa é asencia do mogosto