Ourense recende a castañas e chourizos asados polo San Martiño cos agardados magostos
Os ourensáns din que se trata dunha celebración que se transmite de avós e avoas a netos onde non faltan as castañas, o chourizo, o viño, a música
Este 11 de novembro, día de San Martiño, é o patrón de Ourense. Por iso moitos aproveitan esta xornada festiva para celebrar os magostos.
"É como unha reunión familiar. Pasámolo pipa", conta unha participante.
Hai festas que son moito máis que diversión. Son tradición, encontro interxeracional e convivir coa familia, as amizades e a veciñanza. Todo isto é o que significa para os ourensáns o magosto. Unha celebración que se transmite de avós e avoas a netos onde non faltan as castañas, o chourizo, o viño, a música.... e outros ingredientes que nos contan os ourensáns.
"É imprescindible o churrasco, un bo touciño entrefebrado e os chourizos".
"O principal é vir pasalo ben, aquí en boa compañía".
"Temos o costume de probar o viño novo neste día de San Martiño".
"É pasar o día todos xuntos, o viño, o licor que non falte e pasalo da mellor maneira".
As castañas, grandes protagonistas nesta xornada
Ourense recende a castañas e chourizos asados. Son os agardados magostos. É compartir arredor do lume purificador un xantar moi do país, unhas castañas asadas e crear comunidade.