Publicador de contidos

Publicador de contidos

O magosto das Nogais volve converterse no escaparate dos produtos de montaña

O magosto das Nogais volve converterse no escaparate dos produtos de montaña

A festa celébrase de xeito oficial neste concello dos Ancares dende hai 50 anos

G24.gal 01/11/2025 21:17 Última actualización 01/11/2025 21:42

O alcalde das Nogais, Xesús Núñez, asegura que este magosto se institucionalizou o ano no que aquelaron un bidón para asaren as castañas, hai medio século.

Este ano van máis de 300 quilos, pero tamén se reparte empanada, cachucha, liscos, chourizo, pan, queixo, auga e viño. Todos son produtos da montaña, da zona dos Ancares.

As persoas que preparan a comida son voluntarias, brigadistas que traballan no Concello. Cociñan encantados para que veciñanza e visitantes gocen dos sabores do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade