Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio forestal do Porto do Son, que queimou 57 hectáreas

Controlado o incendio forestal do Porto do Son, que queimou 57 hectáreas

Os efectivos de extinción deron por controladas as lapas ás 4:26 horas da madrugada deste mércores

G24.gal 23/09/2026 10:26

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio declarado o pasado luns no municipio do Porto do Son está xa controlado desde esta madrugada. Así, o lume, que se iniciou na zona de Ribasieira, afectou ata o de agora a unhas 57 hectáreas de terreo, segundo as estimacións provisionais.

Os efectivos de extinción deron por controladas as lapas ás 4:26 horas da madrugada deste mércores. Nesas tarefas de extinción participaron ata o momento (medios acumulados) dous técnicos, 30 axentes, 39 brigadas, 26 motobombas, dúas pas, dúas unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 5 avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade