Un bombeiro tivo que ser atendido nun incendio na planta de reciclaxe das Pontes, xa controlado
O que arde é lixo, e de aí a complexidade para sufocar as lapas
Un membro do parque de bombeiros do Eume precisou atención médica
A planta está situada no polígono industrial dos Eirios
O 112 Galicia activou os servizos de emerxencia tras recibir varias chamadas que alertaban dun incendio no silo da planta de reciclaxe do Polígono Industrial dos Eirios, nas Pontes de García Rodríguez.
Mobilizáronse os parques de bombeiros comarcais máis próximos, que son os do Eume e Vilalba e tamén activouse o GES de Mugardos. Ademais, colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade, efectivos do distrito forestal da zona e persoal do Concello.
Segundo explicaron os bombeiros, o que arde é, fundamentalmente, lixo que é complexo sufocar en pouco tempo. Con todo, o incendio está controlado. Agora os traballos sonde arrefriado e apagado.
Durante a extinción, foi necesaria a presenza do 061 porque un membro do parque de bombeiros do Eume precisou atención médica tras sufrir un mareo.