Cargando resultados...
Dúas persoas feridas tras unha saída de vía en Barbadás
Os dous ocupantes estaban fóra cando chegaron os servizos de emerxencias.
Imaxe cedida por Protección Civil de Barbadás
G24.gal
09/08/2026 10:06
Dúas persoas foron trasladadas esta mañá ao CHUO logo de saírse un coche da vía en Piñor, Barbadás.
O accidente rexistrouse ás 7:30 horas no quilómetro 4 da OU-0519, e foi un particular quen contactou co 112 Galicia para explicar os feitos.
Aínda que nun primeiro momento informouse dunha persoa posiblemente atrapada, os dous ocupantes estaban fóra cando chegaron os servizos de emerxencias.
Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e Protección Civil de Barbadás.