Publicador de contidos

Publicador de contidos

Excarceran un condutor que se saíu da vía co seu coche en Santa Comba

Excarceran un condutor que se saíu da vía co seu coche en Santa Comba

Imaxe cedida por Protección Civil de Santa Comba Imaxe cedida por Protección Civil de Santa Comba
G24.gal 09/08/2026 09:25

Un condutor tivo que ser excarcerado debido a unha saída da vía co seu coche en Santa Comba.

Os bombeiros empregaron o seu material de excarceración para liberar ao único implicado, que quedara envorcado cuneta e era incapaz de saír do vehículo.

Faltaban escasos minutos para as 6:45 horas cando un particular alertou ao 112 Galicia dun coche que envorcara tras saírse da vía no quilómetro 17 da DP-2904, en Montouto, Santa Comba. O accidentado precisaba asistencia sanitaria e permanecía atrapado no interior do turismo.

De inmediato, trasladouse esta información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba, así como ao servizos de mantemento da estrada.

Os bombeiros excarceraron ao ferido, que foi trasladado en ambulancia ao hospital de referencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos