Cargando resultados...
Unha colisión con tres coches implicados provoca dous feridos en Catoira
Os afectados foron evacuados ao Hospital do Salnés
Imaxe cedida polo GES de Padrón
G24.gal
09/08/2026 09:39
Dúas persoas foron evacuadas ao Hospital do Salnés tras rexistrarse unha colisión frontal no quilómetro 11 da PO-548, na parroquia de Abalo, en Catoira.
Ocorreu contra as 0:45 horas, e o 112 Galicia tivo constancia a través de varios particulares, que explicaron que había tres coches implicados no accidente.
No operativo colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros do Salnés, o GES de Padrón, os voluntarios de Protección Civil de Catoira e Valga e os servizos de mantemento da estrada.