Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Pontevedra por agredir a dous menores e causarlles lesións

Detido un home en Pontevedra por agredir a dous menores e causarlles lesións

O home agrediu os dous nenos, de 12 e 8 anos, cun pau de madeira que levaba oculto nunha bolsa de plástico

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 15/08/2026 13:31

A Policía Local de Pontevedra detivo a un home como presunto autor dun delito de lesións a dous menores, tras un incidente ocorrido na vía pública, no barrio da Seca, o pasado 31 de xullo.

A intervención policial iniciouse despois de que unha muller alertase de que un home agredira os seus dous fillos, de 12 e 8 anos, cun pau de madeira que levaba oculto nunha bolsa de plástico.

Os axentes comprobaron que ambos os menores presentaban lesións compatibles coa agresión. Un deles sufría un hematoma co costado dereito, mentres que o outro presentaba golpes similares e refería unha forte dor no brazo, polo que foi necesaria a asistencia dunha ambulancia e o seu traslado ao centro médico.

O sospeitoso, que foi localizado nas proximidades, recoñeceu os feitos, entregou o pau voluntariamente, e manifestou que os menores foron en repetidas ocasións á súa casa para lanzar unha mazá contra unha das fiestras da súa vivenda.

Finalmente, os policías procederon á detención do home como presunto autor dun delito de lesións a dúas menores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade