Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta insta o Goberno a identificar todos os menores non acompañados que están en Ceuta

A Xunta insta o Goberno a identificar todos os menores non acompañados que están en Ceuta

A Comisión Sectorial de Infancia e Adolescencia reuniuse telematicamente este xoves

Marrocos reclama a devolución de todos os seus menores que entraron irregularmente en Ceuta

G24.gal 13/08/2026 14:47

Dúas semanas despois da entrada masiva de migrantes en Ceuta, moitos aínda seguen na cidade. Calcúlase que entre 8.000 e 11.000. A súa situación é moi precaria, tanto que o Defensor do Pobo abriu unha actuación de oficio.

Moitos deles son menores, pero o Goberno central aínda non sabe cantos. Así llelo comunicaron ás comunidades autónomas estes xoves, nunha reunión técnica.

Nese encontro, a Xunta pediulle ao ministerio medidas urxentes.

"O que hai que facer primeiro de todo é cuantificar de cantos menores migrantes estamos falando", insistiu Jacobo Rey, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Rey tamén se amosou preocupado por que, pasados quince días, "aínda se fale de que hai menores migrantes escondidos en casas, como se acaba de comentar agora na comisión sectorial".

Na reunión telemática deste xoves, os responsables ceutís tamén reportaron agresións sexuais a nenas migrantes. 

Save the Children cifra en 4.000 os menores que aínda están sen identificar en Ceuta.

A policía denuncia falta de recursos. Laura García, portavoz de Jupol, asegura que a Policía Científica en Ceuta non recibiu nin un so policía de reforzo cando hai que identificar a miles de persoas.

"Queremos que nos devolvan todos os nosos nenos", reclamou o ministro de Xustiza marroquí, Abdellatif Ouahbi.

Pero o Goberno español non aclara a súa postura. A ministra de Infancia reunirase cos conselleiros do ramo o 27 de agosto. Na mesa podería estar a acollida destes menores entre as autonomías.

Galicia di que "cumprirá a lei", pero reclama planificación e recursos.

"Non parece compatible poñer enriba da mesa que as comunidades autónomas fagan un esforzo adicional cando ao mesmo tempo se nos recorta un 82 % o financiamento que recibimos para a atención de menores migrantes", criticou Jacobo Rey, director xeral de Familia. 

Na reunión non participaron as tres comunidades onde Vox xestiona Infancia: Castela e León, Aragón e Estremadura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade