Publicador de contidos

Publicador de contidos

As aldeas reviven en agosto co retorno dos emigrantes

As aldeas reviven en agosto co retorno dos emigrantes

En moitos casos, ata mudan a data das festas patroais para esperar polos que viven fóra

É o caso de Olelas, en Entrimo, que pasou para o 13 de agosto as festas de maio

G24.gal 13/08/2026 14:16 Última actualización 13/08/2026 14:41

Olelas está onde remata a estrada de Entrimo, na serra do Xurés. O que se ve máis alá, xa é Portugal. E ata aquí chegan, cada mes de agosto, os veciños esparexidos polo mundo adiante.

"Eu estou en Francia, veño de vacacións. Pero vivín aquí e volvo cada vez que podo, ver a nai, os irmáns". "Os meus avós son da aldea, toda a miña familia e sigo vindo cada ano". "Para min é todo. Eu vivín aquí ata os 21 anos e chámame. A aldea é a aldea", comentan os veciños.

Hoxe van vestidos de gala porque é a festa patronal.

"Normalmente é no mes de maio, pero pasámola a agosto polos emigrantes", explica Evencio, da comisión.

É unha xornada especialmente emotiva. Á parte da festa, é un día de apertas e reencontros.

"A tope. Un 'senvivir'. Pero con moita alegría. Recibimos as familias que temos no estranxeiro". "É o máximo, vemos familia, amigos... que non viramos en bastante tempo". "As vacacións son aquí. Se non é aquí, non son vacacións", emociónanse os veciños.

Tamén aproveitan para visitar os que xal non están. "E poñer flores no cemiterio, no novo e no vello, que tamén hai familiares", di unha muller que veu desde Andorra.

Algúns, iso si, aínda non se ergueron. Houbo verbena de concertinas, un instrumento con moito arraigamento na zona, pola irmandade con Portugal, e que acompañan cun baile, a danza do Vira.

"O mellor posible. Gozando ao máximo porque son poucos días e hai que gozalos". "Demasiada xente. Se queres tranquilidade, tes que vir no inverno, porque en agosto, non", celebran con retranca.

Xornadas festivas para celebrar o verán e a volta ás orixes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade