Publicador de contidos

Publicador de contidos

As aldeas galegas volven cobrar vida no verán

As aldeas galegas volven cobrar vida no verán

A Galicia rural multiplica a súa poboación durante os meses do verán grazas aos galegos retornados e aos seus descendentes

O lugar becerrego de Vilachá pasa de 2 a 18 habitantes nestes meses

G24.gal 16/08/2026 10:24

Hai unha Galicia rural, sobre todo a do interior, que durante os meses do verán cobra nova vida.

Esa vida dálla os galegos e galegas que un día emigraron e que aproveitan o estío para volver á casa xuntos cos seus descendentes. Estas familias retornadas fan que a Galicia rural recupere novos folgos no verán.

Visitamos o lugar de Vilachá, en Becerreá. Aquí atopamos a dous irmáns, Mario e Emilio. Mario marchou aos 19 anos a Barcelona, agora ten 82 e vén botar aquí os meses de verán canda a súa muller, os seus fillos, noras e outros familiares.

Dálle pena que durante todo o ano en Vilachá só haxa dous veciños, e lembra os tempos da súa mocidade, "cando había dúas cantinas na aldea" e facían festa todos os domingos. "xuntabámonos ata corenta persoas na casa para segar ou mallar". Agora todo iso quedou lonxe.

O seu fillo, Jordi, comenta que vén cada verán a Vilachá dende que naceu.

"Para min vir aquí é volver á nenez, a cando a miña avoa me mandama ir levar as vacas ou cando faciamos o queixo".

Tamén sente mágoa pola despoboación do lugar, pero ten moito arraigo en Barcelona, e non conciben vivir aquí todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade