Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sábado de sol, calor e praia nas Rías Baixas despois dunha nova noite tropical

Sábado de sol, calor e praia nas Rías Baixas despois dunha nova noite tropical

Cara ao domingo descenden as máximas

G24.gal 05/09/2026 14:14

Vinteún graos marcaba o termómetro esta mañá en Vigo. Falamos dunha noite tropical das que xa houbo moitas este verán. Un verán no que houbo de todo, noites ecuatoriais, por riba dos 25 graos e ata infernais por riba dos trinta.

E nun litoral trufado de praias e paseos a solución volveu pasar pola auga e pola area, iso si con menos xente, con máis espazo para os autóctonos porque gran parte dos turistas xa nos abandoaron co fin de agosto.

Xa de cara ao domingo descenden as máximas e as mínimas e os 17 graos da vindeira noite van permitir descandar algo máis.  

Nas Rías Baixas a noite deste sábado que vai quedar nos dezasete graos, un alivio despois dos 34 graos de máxima de setembro a catorce días do outono. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade