Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense marca a máxima en Galicia con 38,6 graos na véspera dunha nova xornada de calor e de treboadas

Ourense marca a máxima en Galicia con 38,6 graos na véspera dunha nova xornada de calor e de treboadas

Este sábado xa non estará activado ningún aviso vermello por calor, pero será unha xornada de treboadas no interior e no leste de Galicia

Hai aviso laranxa por altas temperaturas no interior de Pontevedra e na zona de Valdeorras e amarelo na montaña de Lugo, noroeste de Ourense e Miño de Ourense

G24.gal 04/09/2026 19:22

A cidade de Ourense marcou un día máis a temperatura máxima en Galicia, con 38,6 graos, só un pouco por baixo dos 38,9 rexistrados este xoves.

A Xunta mantiña activada para este venres a alerta vermella por calor no interior da provincia de Pontevedra, mentres que as zonas do noroeste da Coruña e a montaña de Ourense estiveron en alerta laranxa, e a montaña de Lugo e Valdeorras en nivel amarelo.

Amais de en Ourense, as temperaturas máximas da comunidade tamén afectaron a Ribas de Sil (Lugo), onde se alcanzaron os 37,4 graos, e a Verín, onde os termómetros alcanzaron os 37,3 graos. 

Para este sábado, a noticia é que xa non estará activado ningún aviso vermello por calor, pero será unha xornada de treboadas no interior e no leste de Galicia.

Malia todo, si que haberá aviso laranxa no interior de Pontevedra e na zona de Valdeorras e amarelo na montaña de Lugo, noroeste de Ourense e Miño de Ourense, según Meteogalicia.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar