Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre o prazo para a licitación da obra da senda entre Alende e A Espedregueira

Abre o prazo para a licitación da obra da senda entre Alende e A Espedregueira

A Xunta inviste 365.000 euros 

G24.gal 13/08/2026 14:32

A senda peonil e ciclista na PO-221 entre Alende e A Espedregueira no concello de Moraña terá un investimento de 365.000 euros. Hoxe abre o prazo para a licitación da obra e o obxectivo é que estea rematada para finais do vindeiro verán.

Esta senda ten algo máis de medio quilómetro e facilitará o movemento da veciñanza con maior seguridade. Tamén a dos visitantes á romaría dos Milagres de Amil. Son xa máis de 300 os quilómetros habilitados en toda Galicia de sendas peonís e ciclistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos