Publicador de contidos

Publicador de contidos

A data de finalización da A-54, unha incógnita aínda sen resolver

A data de finalización da A-54, unha incógnita aínda sen resolver

Os veciños lamentan os problemas que causa o tráfico ao paso por Arzúa

O PP vai preguntar no Senado polos motivos do atraso na finalización das obras

O Goberno mantén que se rematará o antes posible

G24.gal 13/08/2026 14:24

Tiña que estar rematada a finais do ano pasado. Pero agora, a finalización do último treito da autovia A-54, o comprendido entre Melide e Arzúa é unha incógnita. E así Lugo e Santiago seguen sen estar conectadas por esta via de alta capacidade.

A autovía A-54 acumula máis de duas décadas de atrasos. O primeiro treito entrou en servizo en 1999. Agora quedan eses 16 quilometros entre Arzúa e Melide. Nestes días de maior tráfico, os veciños é cando máis lamentan a demora.

O Partido Popular, que denuncia o abandono que sofre a provincia de Lugo por parte do Goberno,  vai levar unha moción ao Senado para coñecer a situación real da obra. O Goberno central mantén que se rematará o antes posible, e que os últimos atrasos se deben á introdución de melloras no proxecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade