Cargando resultados...
Blanco achaca o atraso da A-54 a "melloras no proxecto" e "ás tormentas"
G24.gal
24/07/2026 12:38
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, defendeu que se está traballando para completar as obras da autovía Lugo-Santiago (A-54), cuxo final segue sen ter data concreta e acumula atrasos.
Preguntado sobre esta cuestión nun acto na Coruña, Blanco explicou que o proxecto non está metido nun caixón como estivo co Goberno do PP.
Se hai atrasos, indicou, é por diferentes circunstancias, como a última ampliación de crédito para mellorar sinalización e canalizacións e polas tormentas.
"Imos acabala no menor tempo posible. Estase a traballar", dixo.