Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autovía Santiago-Lugo encalla: o Goberno volve modificar o contrato para os enlaces de Palas e Melide

A autovía Santiago-Lugo encalla: o Goberno volve modificar o contrato para os enlaces de Palas e Melide

O Ministerio de Tranportes segue sen pórlle data para o seu remate completo

G24.gal 22/07/2026 14:08 Última actualización 22/07/2026 14:39

O Consello de Ministros autorizou a terceira modificación do contrato de obras da autovía que unirá Santiago e Lugo (A-54), que acumula anos de atrasos. En concreto, o importe da modificación é de 242.722 euros para a ligazón de Palas de Rei e de Melide (sur).

Segue pendente de inaugurar o último tramo da A-54, entre Melide e Arzúa, despois de que a comezo de 2025 o ministro de Transportes Óscar Puente anunciase que a autovía estaría completa a finais dese ano, pero aínda sen levarse a cabo.

Esta autovía acumula anos de atrasos. O primeiro tramo, entre Santiago e A Lavacolla, inaugurouse en 1999. Hai máis de 20 anos que esta autovía se comprometeu para estar lista en 2010.

Sobre o terreo, as máquinas traballan. Lento, pero traballan. Mentres, nos despachos, a tensión política polas infraestruturas do Estado non para de medrar. O Ministerio de Transportes esquiva dar datas para abrir o último treito da autovía Santiago-Lugo. Silencio en Madrid que alporiza veciños e empresarios.

O malestar do interior salta tamén ao eixo atlántico. O debate céntrase agora nun traspaso da AP-9 que dinamitou todo o consenso no Parlamento galego. As acusacións de estafa e traizón voan, máis ca nunca, entre a Xunta, o Goberno central e a oposición en Galicia. A conselleira de Infraestruturas María Martínez Allegue defende unha transferencia libre de cargas e de hipotecas que lastren a economía dos galegos. E reta a socialistas e nacionalistas a votaren no Congreso o mesmo que foi aprobado por unanimidade no Parlamento Galego. 

PSOE e BNG defenden o texto xa aprobado e acusan o PP de boicotear un logro histórico para Galicia por puros intereses electorais. O ministro de Facenda advirte á Xunta de que, se quere a competencia, debe asumir o seu custo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade