Publicador de contidos

Publicador de contidos

As festas e o turismo disparan o prezo e as vendas de peixes e mariscos

As festas e o turismo disparan o prezo e as vendas de peixes e mariscos

Abunda o percebe e a cigala e escasea a ameixa e o rodaballo

G24.gal 13/08/2026 14:20 Última actualización 13/08/2026 14:39

É día de reservas na praza. Os clientes buscan o mellor produto do mar.

"É a semana máis grande. Hai festas en todas as vilas. Agora mesmo estaba atendendo un encargo para mañá para a festa dunha vila", asegura o praceiro Gonzalo Riobóo. 

As festas tiran da demanda. Pero tamén o turismo nunha das semanas máis fortes do ano co cartel de completo en moitas localidades.

"Estou facendo fotos para mandarlle á familia a Burgos. É que nunca vira estes percebes", di un turista de Burgos

A 120 euros o quilo este espectacular percebe de Corme. Pero a oferta é moito máis ampla con bos prezos por exemplo no lagostino.

"A cigala está a 70, a 65, a 55. Camarón moi bo, de aquí. Hai percebe de moitas clases", asegura unha praceira.

Os praceiros din que este ano os prezos estanse contendo. "Vai a un prezo razoable. Estamos con prezos de marzo e abril".

Despois dun inverno complicado para a pesca o e o marisqueo, o verán está servindo para recuperar o pulo. Con todo preocupa a temperatura da auga do mar. Entre as especies que escasean están o rodaballo e a ameixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade