Publicador de contidos

Publicador de contidos

O pagamento por Bizum provoca dúbidas entre os comerciantes polas comisións

O pagamento por Bizum provoca dúbidas entre os comerciantes polas comisións

Desde este luns é posible pagar compras ou servizos a través da popular plataforma

G24.gal 18/05/2026 14:48

É un sistema de pago moi coñecido entre particulares. Case 32 millóns de persoas utilizan Bizum en toda España.

"Utilízoo por comodidade cando se paga algo nun grupo nun restaurante ou para algún regalo", explica unha usuaria.

A partir de hoxe tamén podemos empregalo para pagar en calquera tipo de comercio. Desde o suspermercado á farmacia ou nos taxis.

"Non o sabía. Pero todo o que sexa avance, benvido", di un mozo.

Polo momento só algunhas entidades bancarias teñen dispoñible esta aplicación.

"Para o comerciante unha vantaxe é que os cartos éntranlle no mesmo momento en que se está realizando o pago", explica José Antonio Seijas, vicepresidente da Federación de Comercio.

Pero os comerciantes teñen dúbidas.

"Temos que miran as comisións porque nós temos activado para a web e resúltanos máis caro".

E botan contas.

"En principio parece que será un pouco máis caro e teremos que ver se podemos asumilo".

Máis opcións para as compras.

"Sexa en efectivo, con tarxeta ou con bizum. Cantas máis facilidades teña a xente para pagar, mías posibilidades de que consuman", di o presidente dos comerciantes do Obelisco, Javier Pastorizo.

E máis seguridade, din os expertos, porque non hai intercambio de datos nin claves que faciliten unha posible estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar