Cargando resultados...
O Bono Comercio de Lalín mobiliza 71.000 euros en vendas en menos de tres días
Os bonos, con descontos de ata 30 euros, están a piques de esgotarse
A iniciativa busca dinamizar o comercio local
G24.gal
15/10/2026 14:20
Se teñen descargado o Bono Comercio de Lalín apuren para ir facer as compras, porque o que non corre, voa.
O bono está dotado de 30 euros que se dividen en dous descontos de 15 euros por compras superiores aos 50.
A rebaixa aplícase ao presentar o código QR en calquera dos 97 negocios que se sumaron á campaña.
Unha axuda para os petos dos veciños e para os comerciantes da vila, que notan maior movemento do habitual nas tendas.
A campaña, financiada polo Concello de Lalín e xestionada pola Asociación de Empresarios do Deza, mobilizou 71.000 euros en vendas do pequeno comercio en menos de tres días.