Publicador de contidos

Publicador de contidos

Endurécense as condicións das devolucións nas tendas físicas

Endurécense as condicións das devolucións nas tendas físicas

Algúns establecementos néganse a devolver os cartos se o produto foi aberto ou desprecintado

Unha práctica legal, xa que cada establecemento marca a súa política de devolución

En moitos casos queren evitar os abusos e, sobre todo, pedir máis responsabilidade aos compradores

G24.gal 21/08/2026 14:53

A Gonzalo devolvéronlle un traxe lavado, coas etiquetas destinxidas e cos baixos do pantalón subidos. Foi unha compra e unha devolución en liña. Aquí o cliente debe abrir e desembalar o produto para poder devolvelo en 14 días e sen usar.

Xa comeza a ser habitual que moitas tendas físicas poñan as súas propias normas. É o caso dun coñecido establecemento de mobles que non permite as devolucións se o produto foi desembalado e desprecintado.

Gonzalo por exemplo decidiu entregar con cada devolución vales de compra en lugar de cartos para evitar os abusos, sobre todo despois do Nadal.

Por iso é moi importante coñecer a política de cada establecemento, que debe ser visible en tenda o no tícket de compra. O sector da moda é o que lidera as cifras de devolucións, onde un de cada tres artigos é devolto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade