Galicia sitúase como a quinta comunidade máis exportadora de España
A axuda dos programas de exportación impulsan as cifras de negocio nos mercados internacionais
É un dos sectores económicos que está rexistrando un crecemento exponencial. Os produtos de benestar animal foi o punto de partida dunha empresa ourensá que exporta o 45 % da súa facturación.
"Desde Ourense podemos exportar a toda Europa e a todo o mundo sen problema ningún", di Abel Pascual, director xeral de Gómez y Crespo.
Compartían afección polos deportes urbanos e hoxe Alexandre e Mateo dirixen unha das firmas máis prometedoras da moda actual. Con tenda en Madrid e a piques de abrir na Coruña, atoparon nas redes o mellor impulso para exportar a Asia e América.
"Aos países asiáticos foi a través dunha colaboración que fixemos con Puma e nos Estados e Latinoamérica é pola proximidade. Compartimos os mesmos creadores e os mesmos artistas", asegura Alexandre Fernández, director creativo de Dame Aprês Paris.
Agora reciben o asesoramento da Administración para seguir ampliando o 20 % da produción, que xa destinan aos mercados internacionais. A mediación do IGAPE tamén lle abriu a Regalsa as portas do mercado marroquí.
"A nosa filial en Casablanca levounos a estar dentro do proceso de licitación da limpeza industrial das plantas de Renault en Marrocos", explica Paula Conde, de Regalsa.
Ao peche deste exercicio prevén multiplicar por sete o volume de negocio de hai cinco anos. A situación internacional complica as vendas, pero a internacionalización non ten freo.
As cifras das empresas sitúan Galicia como a quinta comunidade máis exportadora de España.