Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reforza o seguimento das empresas galegas que exportan aos mercados de Oriente Medio

A Xunta reforza o seguimento das empresas galegas que exportan aos mercados de Oriente Medio

O Consello da Xunta acorda convocar este martes a Mesa de Apoio Loxístico para analizar os efectos do conflito sobre a economía

G24.gal 09/03/2026 10:56 Última actualización 09/03/2026 15:07

O Consello da Xunta acordou este luns refozar o seguimento das 600 empresas galegas con mercado en Oriente Medio e ao mesmo tempo convocar a Mesa de Apoio Loxístico para relizar un seguimento dos efectos do conflito na economía do páis tras o inicio das guerra lanzada polos Estados Unidos e Israel sobre Irán.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia dos mercados de Oriente Medio e Próximo nos que asegurou que "practicamente se triplicaron as exportacións" desde o ano 2.000. "Faremos todo o que estea na nosa man para protexer as empresas galegas", dixo Rueda.

Rueda lembrou que Galicia é unha autonomía e moitas cuestións dependen do Goberno central, polo que o seu apoio neste ámbito é "fundamental", e apuntou que, ante estas circunstancias a nivel internacional, "é cada vez máis perentorio chegar canto antes á autonomía enerxética".

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, sinalou que "estamos en permanente vixilancia e acompañamento de empresas", con esas 600 sociedades con vínculos neses mercados, "200 delas cunha relación comercial regular" con países como os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita ou Israel.

Entre os sectores máis afectados, explicou Lorenzana, están os do téxtil, automoción e o agroalimentario.

Porén, desde a Xunta tamén destacan o impacto indirecto deste conflito, "o maior é o enerxético", explicou a conselleira. "Se o prezo segue subindo, haberá un efecto en cadea no transporte marítimo, as materias primas e os custos loxísticos". 

A Mesa de Apoio Loxístico vai permitir "compartir a información co tecido empresarial, analizar posibles cambios nas rutas comerciais e avaliar medidas concretas de apoio que precisen as empresas se fose necesario", concluíu a conselleira.

Reclamación do custo da recollida dos pellets

Amais, o Consello da Xunta tamén aprobou medidas para tentar recuperar os 2,3 millóns de euros que custou recoller os pellets da costa no 2023.

A Xunta vai recorrer á xustiza para que o Goberno central esixa esta indemnización á armadora, para recuperar os cartos e tamén, explican, para sentar xurisprudencia de responsabilidade ambiental ante futuros incidentes coma este.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade