Un bazar rural de Castro de Rei arrasa nas redes cos seus videos sobre os seus produtos
Levan 55 anos co negocio, pero desde hai un, son o bazar máis viral das redes
Saltaron a fama polos sketches humorísticos que os seus empregados crean para vender os seus produtos,os seus videos superan o millón de visualizacións.
Con improvisación, espontaneidade e moito humor así saltaron a fama Pili a Nadir desde o seu bazar rural en Castro de Rei.
"Ao principio faciamos moitas tomas falsas", asegura Nadir Ibn Salah, e Pili Mouriz, a súa compañeira no bazar engade "E que nos levamos moi ben, entón cando estamos gravando é como se non estivese enfocando a cámara"
Os seus vídeos son virais, teñen máis dun millón e medio de visualizacións.
"Nunca pensamos que iamos ter esta repercusión, que iamos chegar a esa cifra", asegura Nadir Ibn Salah.
Outra forma de chegar ao cliente.
"O que non pode faltar e o bo humor", di Pili Mouriz.
Hoxe teñen máis de 8000 seguidores, na rede e na rúa.
"Eu vexo todos os seus vídeos", asegura unha das clientas do bazar.
E nótase na facturación a final de mes.
"Si que se nota, se non estás nas redes non existes", asegura Carmen Díaz, a propietaria do bazar.
Con feedbacks de México e Arxentina e case sen haters son toda unha revolución. Non hai focos de cine pero si moito inxenio e diversión