Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comerciantes de Vigo quéixanse da presenza de ambulantes ás portas das súas tendas

Comerciantes de Vigo quéixanse da presenza de ambulantes ás portas das súas tendas

Aseguran que venden falsificacións e que supoñen unha competencia desleal xa que non pagan locais nin impostos

Reclaman espazos propios e regulados para este tipo de postos ambulantes

G24.gal 08/07/2026 14:38

Nos días de cruceiro en Vigo, a zona portuaria énchese de turistas. É un dos momentos con maior presenza de vendedores ambulantes, xusto ás portas dun centro comercial. Roque Montero, autónomo e propietario dunha tenda, explica que eses días "non hai 3 (postos), hai 26. Teño gravacións de 28 postos. Ninguén mete man. Non se trata da venda ambulante, senon da ilegalidade e da permisividade das autoridades competentes"

Dende as tendas falan de competencia desleal e de permisividade con estas prácticas.

"Venden prendas falsificadas e sen factura, cando nós temos todo en regra, con facturas, con IVE... É competencia desleal porque as autoridades o permiten. Esta xente necesita ter un espazo e estar regularizados. Todo o mundo tendereito a vivir, eu non estou en contra de ninguén ", destaca Montero.

Os clientes comprenden a preocupación, aínda que moitos pensan que son perfís de compradores diferentes, mentres os comerciantes reclaman espazos propios e regulados para este tipo de postos ambulantes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade