Cargando resultados...
O rally do San Froilán deixa tres feridos en Outeiro de Rei ao soltarse a roda dun coche
Aínda que un deles tivo que ir ao hospital, ningún dos feridos está grave
G24.gal
16/10/2026 21:20
E en Outeiro de Rei, en Lugo, tres persoas que estaban vendo o rally de San Froilán resultaron feridas ao soltarse unha roda dun dos coches participantes.
O accidente ocorreu no primeiro dos treitos do rally.
Ao lugar desprazáronse tres ambulancias para prestarlles os primeiros auxilios e un deles tivo que ser trasladado ao hospital. As primeiras informacións apuntan a que ningún dos tres resultou ferido grave.