Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan á AG-57 a indemnizar a un condutor e a aseguradora do seu vehículo por un choque con xabarís

Condenan á AG-57 a indemnizar a un condutor e a aseguradora do seu vehículo por un choque con xabarís

O sinistro produciuse en outubro do 2025 e provocou a perda total do vehículo e lesións ao automovilista que tardaron 57 días en curar

A indemnización é de 10.050.31 euros en total e a setencia é recurrible ante a Audiencia Provincial

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 19/11/2026 14:40 Última actualización 19/11/2026 15:28

A praza 11 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo condenou a Autoestradas de Galicia, concesionaria da autopista de Val Miñor (AG-57), a indemnizar a un condutor e a aseguradora do seu vehículo polo atropelo de varios xabarís que irrumpiron na vía. Ademais recorda a empresa que non basta con ter a valla en bo estado.

O sinistro produciuse en outubro de 2025 e provocou a perda total do vehículo e lesións ao automovilista, as cales tardaron 57 días en curar. 

A empresa, pola súa parte, alegou que o valado estaba intacto e existía sinalización de perigo por animais soltos pero o maxistrado rechaza eximila de responsabilidade porque advirte que, se fóra así, deixaria "en indefensión ao usuario que, a pesar de abonar un peaxe a cambio de circular por unha vía supostamente dotada dos máis altos estándares de seguridade, sufriu un sinistro pola irrupción de animais na estrada".

Ademais a sentenza subliña o deber legal que a empresa debe ter de ir máis alá do valado e as sinais básicas debido a que a AG-57 percorre un terreo cinexético de caza maior ou menor con enlaces abertos e o cruce de fauna é un risco previsible. Así, débense implementar solucións adicionais eficaces, como peches perimetrais que canalicen aos animais hacia pasos de fauna seguros.

Nunha sentenza de outubro deste mesmo ano da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra instábase ao condutor a demostrar as medidas técnicas concretas que deberían terse adoptado. Porén, o xuíz apártase desta sentencia e sostén que é labor da concesionaria acreditar que adoptou as medidas necesarias para previr o accidente debido a que conta con equipos de enxeñería civil.

Así, a cantidade total coa que a AG-57 debe indemnizar é de 10.050,31 euros, dos cales 6.005,31 euros son para o condutor afectado e 4.045 euros son para a aseguradora Axa. Esta sentenza é recurrible ante a Audiencia Provincial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade