Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Ares pon o foco na "mellora física e mental" tras volver pelexar pola cabeza do Supercampionato

Iván Ares pon o foco na "mellora física e mental" tras volver pelexar pola cabeza do Supercampionato

O piloto de Cambre celebra o seu bo rendemento logo dun ano parado e augura o regreso de Víctor Senra

G24.gal 24/11/2026 12:56 Última actualización 24/11/2026 13:02

O piloto galego Iván Ares valorou con satisfacción o seu regreso á competición no Supercampionato de España de Rallies (S-CER) tras pasar un ano afastado dos tramos.

"Volver estar pelexando polos primeiros postos dentro dun campionato moi competido creo que é para estar moi contentos", destacou o de Cambre.

Recoñeceu, non obstante, que o seu principal obxectivo pasa por afinar a súa propia posta a punto. 

"Falta, quizais, un pouco que eu me prepare mellor fisicamente e mentalmente".

Por outra banda, Ares referiuse á situación do seu amigo Víctor Senra, apartado temporalmente das carreiras por problemas médicos, e avanzou que a súa volta está próxima.

"Este ano que vén volverá; aínda que ao mellor non faga todo o campionato, algunha carreira fará. Creo que xa lle está picando un pouco o 'gusanillo'", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade