Cargando resultados...
Alberto Meira vence no Rally San Froilán
O piloto de Gondomar impúxose por diante de Lamela e Conde
A proba luguesa e a punúltima do Campionato Galego de Asfalto
G24.gal
18/10/2026 12:10
O Rally san Froilán disputou unha nova edición polas estradas de Lugo. Penúltima proba do campionato galego de asfalto. E concluíu co triunfo de Alberto Meira, con Skoda, acompañado do copiloto Avelino Martínez.
A parella avantaxou en 30 segundos a José Manuel Lamela e Unai Conde. O podio completárono Francisco Dorado e Andrea Lamas, a 51 segundos do piloto de Gondomar.