Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida tras caer 30 metros por un barranco co seu vehículo en Becerreá

Ferida tras caer 30 metros por un barranco co seu vehículo en Becerreá

A propia condutora solicitou axuda e explicoulles aos operadores da central de emerxencias que tiña dificultades para saír do vehículo, xa que as portas quedaran bloqueadas

G24.gal 26/11/2026 12:58

Unha muller ferida foi rescatada na noite deste mércores despois de que o vehículo que conducía se saíse da estrada e caese por un barranco duns 30 metros de profundidade, no municipio de Becerreá.

A propia condutora solicitou axuda a través do servizo de emerxencias 112 Galicia. Explicoulles aos operadores da central de emerxencias que tiña dificultades para saír do vehículo, xa que as portas quedaran bloqueadas.

Ante isto, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) solicitou a intervención dos bombeiros de Sarria. Aínda que finalmente non foi necesario empregar equipamento de excarceración, os bombeiros axudaron a muller a saír do vehículo e trasladárona ata un punto onde a esperaba unha ambulancia do servizo de urxencias médicas 061.

Segundo os equipos de emerxencia desprazados ao lugar, o acceso ao punto onde quedou o vehículo resultou complicado, dado que caera por un desnivel duns trinta metros. Para chegar ata a muller ferida, os efectivos de emerxencia utilizaron un camiño existente no fondo do barranco.

O accidente tivo lugar pouco despois das 21:00 horas deste mércores, na zona do Cereixal, en Becerreá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade