Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra o interese pola práctica da chave, unha das modalidades de deporte autóctono

Medra o interese pola práctica da chave, unha das modalidades de deporte autóctono

G24.gal 16/10/2026 20:26

Adestran tres veces á semana e as fins de semana toca partido. É a rutina do xogador de chave en temporada de liga para os membros do Club peña de chave de Santa Margarida da Coruña.

"Eu estou desexando que cheguen os días estes de adestrar e vir para aquí", di Enrique.

Un xogo popular considerado deporte autóctono que pon a proba a puntería e precisión de quen xoga. Trátase de lanzar discos metálicos, aquí chamados pellos, contra a peza vertical: a chave.

"Tíranse a 14 metros e tes que darlle á chave directamente sen que toque no chan e cada un tira os seus pellos de tamaños diferentes", explica José Manuel.

"Primeiro paréceche que tal, que é moi doado, pero non  é tan fácil. Son 14 metros e hai que darlle directamente ao ferriño aquel", indica Santiago.   

Moitos comezaron a practicar animados por familiares e coñecidos. E xa levan décadas facéndoo. Un dos xogadores veteranos, Antón Enrique, que isto está a cambiar:

"Este xogo sempre estivo ligado á xente maior. Hoxe en día xa participa máis de xente nova".

Tamén o ve así José Sousa, presidente deste Club peña de chave Santa Margarita: "Está a meterse bastante xente nova xa porque antes dicían que era un xogo de xubilados".

Entre as últimas incorporacións, a de Iván quen se iniciou seguindo os pasos de seu pai:

"Como falabamos antes agora cada vez hai máis xente nova, ves incluso que xoga cos pais ou cos avós e seguro que esa xente vai seguir a tradición familiar".

Dinnos que tamén hai mulleres federadas, aínda que a súa presenza segue a ser minoritaria. O adestramento aquí non para. A próxima liga comezará en xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade