Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXG revoga a sentenza que inhabilitou a unha médica do Chuac por acceder ao historial dunha compañeira

O TSXG revoga a sentenza que inhabilitou a unha médica do Chuac por acceder ao historial dunha compañeira

Na primeira condena, á facultativa se lle impuxo unha pena de 3 anos de cadea e 6 de inhabilitación

O alto tribunal estima os recursos de apelación ao ter en conta testemuños de responsables informáticos do complexo hospitalario que subliñaron que non se podía saber se accedeu a algún dato

CHUAC CHUAC
G24.gal 16/10/2026 19:58

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu a unha médica do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) tras unha primeira condena por parte da Audiencia da Coruña por acceso á historial clínica dunha compañeira.

Por parte da Sección Segunda da Audiencia coruñesa se consideró probado este extremo.

Con todo, o alto tribunal galego estima os recursos de apelación interpostos polo Ministerio Fiscal e a médica contra esta sentenza, revogando a mesma no sentido de absolver á apelante.

Entre outras cuestións, ten en conta testemuños de responsables de sistemas informáticos do complexo hospitalario que subliñaron que non se podía saber se accedeu a algún dato nin, no seu caso, a cal o fixo, aspecto sobre o que un deles indicou que se se tivese aberto un documento constaría.

A Audiencia da Coruña inhabilitara á facultativa 6 anos  

Fronte a iso, a Audiencia da Coruña inhabilitou á médica durante seis anos ao considerar que accedera sen autorización ao historial clínico dunha compañeira por ter unha mala relación con ela.

Tamén se lle condenou a tres anos e medio de cárcere, aínda que con proposta do indulto parcial da pena.

Entre outros argumentos, nos recursos presentados expúxose un "erro na valoración da proba", aspecto, entre outros, que se teñen en conta para a súa absolución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade