Publicador de contidos

Publicador de contidos

A patronal eólica galega confía en que a sentenza do parque de Bustelo desbloquee 87 proxectos

A patronal eólica galega confía en que a sentenza do parque de Bustelo desbloquee 87 proxectos

O presidente da Asociación Eólica de Galicia, Manuel Pazos, sinala que "o proceso vai ser lento" porque cabe recurso de casación 

 

Parque eólico de Muras, en Lugo.  Carlos Castro/Europa Press (Arquivo) Parque eólico de Muras, en Lugo. Carlos Castro/Europa Press (Arquivo)
G24.gal 02/10/2026 17:22

A Asociación Eólica de Galicia celebrou que o TSXG desestimase o recurso contra a resolución pola que a Xunta outorgou as autorizacións previas e de construción do parque eólico de Bustelo.

O presidente da patronal galega, Manuel Pazo, subliñou que o fallo "reafirma as últimas catro sentenzas do Tribunal Supremo (TS) e a do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE)".

Segundo trasladou nunha nota de prensa, nesta causa había "catro ou cinco temas comúns a todos os proxectos que veñen resolverse favorablemente, por primeira vez, no TSXG", o que, engadiu, "segue as sentenzas do Tribunal Supremo".

"Estamos ante unha boa noticia e podería ser realmente o posible levantamento e suspensión de 87 proxectos que supoñen uns 2.400 megawatts de nova potencia", celebrou.

En todo caso, sinalou que o proceso "vai ser lento" porque "aínda cabe a opción dun recurso de casación".

"O desbloqueo do sector eólico realmente non é inmediato, aínda que si é unha boa noticia", sostivo Manuel Pazo.

Neste contexto, apuntou que "se resolveu unha parte", pero queda "a outra". Así, sinalou que "haberá proxectos que poidan entrar e proxectos que non", insistindo en que "é un inicio".

En definitiva, Pazo recoñeceu que hai que tomalo como un pronunciamiento "moi bo" porque conleva "o desbloqueo doutros proxectos" que estaban cinguidos á resolución do parque de Bustelo.

Para rematar, o presidente da Asociación pediu que se regule "con certeza xurídica, con normas claras e obxectivas, que permitan aos promotores unha planificación ordenada e sen incertezas", así como "na aplicación efectiva do interese público superior que a UE outorgou en 2023 ás enerxías renovables".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade