Unha psicóloga de Ourense anima nas redes sociais a que expresemos a gratitude no noso día a día
O poder de agradecer máis que só as grazas sen mirar, é o que promove Leda Casas
Saimos con ela á rúa para experimentar como reacciona a xente ante a pregunta: a quen che gustaría agradecer algo hoxe?
E o que semella unha pregunta sinxela revela respostas emotivas e agradecementos sinceros, que ás veces por vergoña non dicimos
A quen lle gustaría agradecer algo hoxe?". Comeza preguntando a psicóloga Leda Casas, micro en man, a un home que pasea cun neno polo xardín do Posío en Ourense. O primeiro que di é:
"Aos meus pais, porque podo contar con eles sempre que necesito e están sempre aí ao 100 por cento".
Pero cando Leda lle pregunta se llo adoita dicir, confesa con sinceridade que debería dicirllo máis. E ese é o exercicio práctico que quixemos facer. Descubrir o poder de agradecer, que non é só dar as grazas.
A Piscóloga Leda Casas pón en práctica nos seus vídeos nas redes o recoñecemento aos demais, para que saiban que os valoramos.
"Alguén que che sirve un café e das as grazas case sen mirar aos ollos moitas veces. E agradecer é máis consciente de dicir, véxote e eres importante" explica Leda Casas Van Hove, psicóloga
Nun mundo de présas, miramos moitas cousas, pero ás veces esquecemos observar o importante.
Ás veces as respostas déixannos sen palabras, e queda a emoción. E outras non sabemos que dicir. Leda pregúntalle a unha muller de avanzada idade que está sentada nun banco. Primeiro non sabe que responder, pero de seguida pensa na súa filla, no seu fillo, o xenro e os netos.
E ao final si que saen as palabras. Porque ás veces o que nos costa dicir ou nunca dicimos é o máis importante.
Grazas a Leda por prestarse e os dous veciños que responderon, e tamén ao meu compañeiro cámara Javier, que sen eles esta reportaxe non existiría.