Este luns o Bizum chega ao comercio
O BBVA e Caixabank serán os primeiros en ofrecer este novo servizo aos seus clientes
A frase “fágoche un Bizum” xa non imos empregala só cos amigos. A partir do luns poderemos empregala tamén cos comerciantes. Nun principio só será para os clientes do BBVA e CaixaBank dende a app do propio banco. Os clientes do resto de entidades terán que esperar ao lanzamento da aplicación BIZUM PAY nunha semanas. Unha novidade ben recibida polo sector.
"Facilita que o consumidor pague doutro xeito, sinxelo e sen custo. Para nos tamén e inmediato, chegan os cartos ao momento e parécenos ben", comenta Mónica Prado, da tenda Violeta y Chloe.
O método e ben sinxelo: abrimos a aplicación e achegamos o móbil ao TPV, o mesmo que cas tarxetas dixitais, iso si, para o comerciante non será o mesmo, algúns xa mostran a súa preocupación polas comisións.
"Por parte dos bancos aínda non temos toda a información, de feita xa sabemos que vainos custar máis que as tarxetas en comisións, cando o Bizum entre particulares non ten custo", afirma Jorge Donía, da óptica De La Torre.
Na rúa son moitos os que aínda non teñen claro o funcionamento desta nova ferramenta. Algúns son máis abertos e outros seguen apostando polo billete. Así que xa o saben, o luns poderán elixir entre efectivo, tarxeta ou Bizum.