Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio forestal en Crecente obriga a suspender a circulación de trens entre Vigo e Ourense

Un incendio forestal en Crecente obriga a suspender a circulación de trens entre Vigo e Ourense

O lume orixinouse sobre as 17,26 horas, permanece activo e afecta a unha superficie de entre seis e sete hectáreas

G24.gal 15/07/2026 20:22 Última actualización 15/07/2026 21:43

Un incendio forestal rexistrado na tarde deste mércores en Rebordechán, no municipio de Crecente (Pontevedra), e que permanece activo obrigou a suspender a circulación de trens entre Vigo e Ourense.

Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural, o lume orixinouse sobre as 17,26 horas, permanece activo e afecta a unha superficie de entre seis e sete hectáreas.

Debido á proximidade das chamas ás vías do tren decidiuse solicitar a suspensión do tráfico ferroviario.

Así, tal e como sinalaron fontes de Adif, a circulación de trens permanece suspendida desde as 18,20 horas entre Frieira e Filgueira, afectando os trens que conectan Vigo con Ourense. Estableceuse un plan de transporte alternativo por estrada para garantir a mobilidade dos viaxantes.

 

Na súa extinción participan catro axentes, oito brigadas, seis motobombas, unha pa, un técnico, catro helicópteros e catro avións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade