Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata a temporada de campamentos en Galicia, coa cifra récord de 12.000 participantes

Remata a temporada de campamentos en Galicia, coa cifra récord de 12.000 participantes

Alfonso Rueda destacou a aposta do Goberno galego por esta medida de conciliación

A Xunta destina este ano 5,5 millóns de euros para facer a oferta de prazas máis ampla da historia

Alfonso Rueda e o conselleiro José López, durante a súa visita o campamento en Vilanova de Arousa (EFE/Salvador Sas)
G24.gal 02/09/2026 16:24

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mércores o albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa, que acolle os últimos participantes nos campamentos de verán que organiza a administración autonómica.

O xefe do Goberno galego destacou a aposta do Goberno galego por esta medida de conciliación, cunha oferta de 12.000 prazas en campamentos e actividades para mozos esta edición.

Baixo o lema Modo Verán Activo, a Xunta convocou miás de 8.000 prazas en campamentos para nenos de 9 a 17 anos; 876 para os minicampamentos Coñece Galicia; 301 para intercambios con outras comunidades e 105 para campamentos específicos para persoas con discapacidade. A isto hai que sumarlles as 815 prazas en campos de voluntariado para maiores de 18 e outras 160 para actividades de lecer.

Na visita ás instalacións das Sinas, especializadas nas actividades náuticas, Alfonso Rueda destacou a importancia destes campamentos para que os mozos coñezan Galicia e fagan novos amigos.

O presidente remarcou tamén que a Xunta destina este ano 5,5 millóns de euros para facer a oferta de prazas máis ampla da historia, un "esforzo que paga a pena", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade