Aubameyang e o proxecto do Dépor motivaron a chegada de Adama Traoré
Traoré: "O club fixo un gran traballo, o proxecto fixo posible que eu viñese"
Adama Traoré foi presentado como novo xogador do Deportivo, club co que asinou ata xuño de 2028.
O extremo catalán explicou os motivos do seu regreso a España.
"O club fixo un gran traballo, O proxecto fixo posible que eu viñese".
Tamén se referiu á influencia de Pierre-Emerick Aubameyang na súa decisión.
"Auba aconselloume e díxome o interesante que era o proxecto do Dépor, iso convenceume".
Detallou como avanza a súa posta a punto, as posicións en que pode actuar e as diferenzas entre LaLiga e a Premier League.
A comparecencia deixou ademais recordos de Manuel Pablo, unha explicación sobre a súa transformación física e unha referencia ao coñecido choque con Marc Cucurella.