Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha muller dun coche envorcado nun arroio en Avión 

Rescatan unha muller dun coche envorcado nun arroio en Avión 

O aviso deuse a través do sistema automático de alertas do vehículo

Era a condutora e única ocupante do turismo

Imaxe cedida polo GES de Avión Imaxe cedida polo GES de Avión
G24.gal 15/08/2026 14:11

Os bombeiros tiveron que intervir no mediodía deste sábado para rescatar a unha muller atrapada no interior dun coche envorcado nun arroio no concello de Avión (Ourense).

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o aviso deuse a través do sistema automático de alertas do vehículo, o que permitiu a localización rápida do mesmo. Tivo lugar na OU-212 ao seu paso por Avión.

Para sacar a muller do vehículo, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros do Carballiño e dos membros do GES de Avión. Unha vez fóra, a muller foi atendida e trasladada por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao hospital. No operativo participou tamén a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade